Monterroso celebra a IV Feira do Disco e Libro Galego

Presentacións, sinaturas e postos de venda danse cita na vila o 16 de marzo

A Asociación Cultural 25 xastres coordina por cuarto ano consecutivo a Feira do Disco e do Libro Galego de Monterroso. O recinto feiral da vila acollerá o vindeiro 16 de marzo este evento que contará coa presenza de 25 expositores entre editoras, librarías, discográficas ou propostas de deseño e de artesanía. No programa están previstos encontros con autores e músicas como Estefanía Padullés, Carlos Meixide, Ana Vila, Xosé Duncan, Strazz ou Adolfina Mesa, e presentacións literarias como as de Yolanda Castaño, Diego Girález, Inma López Silva ou Eva Mejuto e musicais como as de Benxa Otero con Germán Díaz, Zoelas, Fran Amil, Candorka Trío ou Zoelas.